viernes, 15 de enero de 2021

O Día Escolar da Non Violencia e a Paz xurdiu como unha iniciativa dun profesor e pacifista mallorquino, Llorens Vidal, quen propuxo traballar desde a escola os valores da paz. No ano 1993 a UNESCO recoñeceu oficialmente esta conmemoración. A data escollida serve para lembrar a figura dun dos grandes líderes mundiais: Gandhi. 
O 30 de xaneiro de 1948 Mahatma Gandhi foi asasinado na India. Este avogado, político, escritor e activista social defendeu as protestas non violentas como xeito de loitar contra a discriminación, as inxustizas e a pobreza que sufría o pobo indio.
 O seu método de resistencia pacífica e desobediencia civil vai ser seguido por personaxes históricos posteriores como Marthin Luter King, Nelson Mandela ou Rosa Parks.

                      





Biografía Rosa Parks by marcos on Scribd

 


FRASES DE ROSA PARKS
 – “A xente sempre di que non cedín o meu asento porque estaba cansada, pero iso non é certo. Non estaba cansada físicamente, non máis do normal despois dun día de traballo. Non era vella, aínda que algúns imaxinaron que era así. Tiña 42 anos. Non, o único cansazo que tiña era o de ceder”.
 – “Non subín ao autobús para ser arrestada. Fíxeno para ir a casa”.
 – “Non tiñamos dereitos civís. Era só un asunto de supervivencia, de existir dun día ao otro”.

Preme na foto para ir a Wikipedia

LIGAZÓNS INTERESANTES