martes, 2 de abril de 2024

A CREATIVIDADE NO NOSO PLAN DIXITAL

 

 

 Dentro do noso PLAN DIXITAL DE CENTRO imos implicarnos e fomentar a creatividade do noso alumnado, como fixemos desde sempre, pero cun enfoque máis dixital!Sobre todo aproveitando que temos implantado, dende hai dous anos, a plataforma E-Dixgal.

 Promoveranse aplicacións para realizar de xeito dixital: nubes de palabras, mapas mentais, pósters interactivos ou infografías (Canva), cómics, narracións... E moito máis relacionado na meirande parte co noso PDI.

 Hai multitude de aplicacións que poderemos empregar para desenvolver esta capacidade. Pouco a pouco iremos mostrándovos diferentes opcións para cada ciclo. Por exemplo, unha interesante para o 2º ciclo chámase Scratch (tamén aparece na ligazón que vos poño a continuación de EDUCACIÓN 3.0, onde aparecen moitas opcións). 

 Desde a páxina principal podemos ver os proxectos (a modo de videoxogos) realizados por persoas de todo o mundo. Só temos que premer sobre “Explorar” ou utilizara a opción de busca. Encontraremos proxectos de diferentes materias, de debuxos animados, de superheroes o superheroínas… , as posibilidades son infinitas. Scratch está disponñble a través da páxina https://scratch.mit.edu/ e, aínda que é conveniente que cremos unha conta para poder gardar os nosos proxectos, tamén podemos utilizar esta aplicación sen necesidade de facelo.

 Deste xeito traballaremos:

  •  A búsqueda de información, por exemplo, imaxes ou gifs para utilizalos. 
  •  O coñecemento dos dereitos de autoría en Internet: atendendo ás licenzas de distribución ou uso de cada imaxen. Deberemos empregar páxinas como CREATIVE COMMONS, aínda que non sempre atopamos o que buscamos... 
  •  A creación de contido. 
  •  O traballo colaborativo, pois pódese traballar en grupo. 
  •  A resolución de problemas probando o que facemos e cambiándoo cando non funcione como queremos. 
  •  O desenvolvemento das habilidades de pensamento crítico.
Tende en conta que debedes rexistrarvos para a maioría das aplicacións.

Para realizar infografías, cómics, pósters...




                         LAS MEJORES HERRAMIENTAS ON LINE PARA CREAR CÓMICS


RECURSOS DE EDUCACIÓN 3.0

       TAMÉN SERÍA INTERESANTE VER AS ENTRADAS DOS MAPAS MENTAIS (ETIQUETAS). 



PREME